top of page
CÍA. SóLODOS
SóLODOS EN DANZA

SóLODOS foi fundado no 2010 por Erick Jiménez, Víctor L. Carbajales e Maruxa Salas.

 

SóLODOS EN DANZA é unha plataforma cultural, un proxecto de ámbito artístico-social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construir unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América/Europa).

SóLODOS EN DANZA é un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. As colaboracións realízanse grazas á xenerosidade das persoas involucradas nos diferentes proxectos. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais, coaching con académicos especializados nas artes escénicas entre outros.

SóLODOS quere potenciar o traballo de creadores Iberoamericanos a través de traballo comunitario, realizando un exercicio coreográfico colectivo, construindo mobilidade entre proxectos con afecto y oficio.

ERICK JIMÉNEZ

Erick Jiménez gradúase en danza contemporánea na Universidad Nacional de Costa Rica. Master en Artes Escénicas pola Universidad Rey Juan Carlos de Madrid, Mestre de Qigong pola Federación Galega de Kung Fu España, Graduado en Quiromasaxe pola Universidade Popular do Noroeste, A Coruña, España e tamén é maestre de Ashtanga Yoga. Como intérprete e creador ten un intenso currículum traballando en destacadas compañías de danza contemporánea. Colaborou con agrupacións e proxectos ao lado de destacados profesionais da escena internacional.


Erick Jiménez traballou e desenvolveu diferentes proxectos internacionais con: Will Swanson-Dance Project, Mikhail Bahrysnikov, White Oak, Breat and Puppet Theater, Patrick de Bana, Enclave Danza, Roberto Olivan, Roberto Magro, Will Menter, The Babylon Project, Rami Levi, Inma Rubio, Repertorio con Hilde Koch, Frankfurt Ballett, OTRA Danza Asun Noales, Leonardo Santos, Gustavo Ramírez, el Cirque du Soleil, Nandayure Harley, Luis Carlos Vazquez, Joshua Cienfuegos, École Supérieure Des Arts Du Cirque Bruselas, José Antonio Orts, Pierre Bastien, Ramesh Shotham, Pablo Coello, Team in time Carlos Ramirez, Nasrin Amirsedgh, The Babylonian Project, Eduardo Galeano, Helen Walkley, Christy Harrys, Nancy Seitz-Mcintyre entre outros.

Erick tamén é profesor de danza, convidado por numerosos centros, universidades e compañías de perfil internacional, así como teatros e festivais, onde desenvolve diversos workshops. Coreógrafo convidado, mestre e director en xira dos espectáculos producidos polo Centro Coreográfico Galego durante os anos 2007-2009. Mestre e colaborador de Deltebre Danza desde o ano 2003. 

Recibe premio a mellor intérprete Generalitat Valenciana 2010, Premio do Público en Sevilla o 2007 e diferentes mencións e premios á súa creación e repertorio desde o ano 2000. Actualmente, desenvolve a súa carreira artística paralela á xestión e produción escénica. É fundador de Fundación para la Cooperación y el Desarrollo Sociocultural SóLODOS. Dirixe o proxecto e plataforma Cultural SóLODOS, o festival SóLODOS EN DANZA e diferentes plataformas de investigación, xestión e intercambio artístico. 

Erick Jiménez dirixe xunto á artista Maruxa Salas o proxecto SóLODOS.

MARUXA SALAS

Master de Artes Escénicas pola Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Licenciada en Danza, nas especialidades de Coreografía e Técnicas de Interpretación, polo Instituto Superior Alicia Alonso de Madrid. Carreira de ballet clásico da Royal Academy of Dancing de Londres e do Conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Bolseira da Fundación de Danza Alicia Alonso e da Escuela África Guzmán de Madrid. Unha bolsa da SGAE permitiulle perfeccionar a súa aprendizaxe no Ballet Nacional de Cuba, onde posteriormente traballou como coreógrafa convidada.

 

Premio XXIV Certamen Coreográfico de Madrid-Residencia Artística en LSD in Movement 2010/ Premio Interpretación Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York 07/ Premio do Público Certamen de Interpretación y Coreografía de Andalucía 07/ Premio Composición Coreográfica Instituto Superior A. Alonso, Universidad Rey Juan Carlos, Madrid 05/ Premio Bailarina Sobresainte III Certame Creación Coreográfica de Galicia 05/ 2º Premio IV Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York 05/ 3º Premio III Certame de Creación Coreográfica de Galicia 05/ Mención Especial Certamen Iberoamericano Coreográfico CIC/04 / Primer Premio II Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York 03 / Primer Premio Jóvenes Creadores 02 / Premio Especial Teatro de Madrid 02.

 

Maruxa Salas creou pezas coreográficas para o Ballet Nacional de Cuba, Centro Coreográfico Galego, Ballet Contemporáneo de Burgos, Ballet de Cámara de Madrid, Centro Andaluz de Danza, UNA Danza Joven e Compañía Nacional de Danza de Costa Rica. 

 

Traballou co coreógrafo holandés Tom Stuart en 2003, produción do Teathre Spui de La Haya, Holanda. No 2011 baixo a dirección artística de Roberto Magro e a dirección coreográfica de Peter Jasko, bailou como artista convidada no espectáculo "’Una Storia Nella Storia" en Turín, Italia.

 

Actualmente traballa como bailarina e coreógrafa, ademáis dirixe con Erick Jiménez o proxecto e plataforma Cultural SóLODOS, o Festival SóLODOS EN DANZA e diferentes plataformas de investigación, xestión e intercambio artístico. 

EQUIPO SóLODOS

ERICK JIMÉNEZ e MARUXA SALAS / Dirección e Coordinación

MARUXA SALAS / Coordinación de produción 

PABLO VARGAS / Imaxe Costa Rica

​VÍCTOR LÓPEZ CARBAJALES e MANU LAGO / Produción

JOSÉ ANDRÉS ÁLVAREZ SANÓU / Asistente de Produción Costa Rica

© 2022 Design and development by Manu Lago. Neodans S.C-Sólodos. All rights reserved 

bottom of page