top of page

2020  Sólodos En Danza Ourense

Festival Internacional de Danza Contemporánea e Certame de Creación de Dúos e Sólos

Online 3, 4 e 5 de Decembro de 2020

SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América desde fai 8 anos e realizarase por quinta vez na cidade de Ourense. Os días 3, 4 e 5 de decembro  disfrutaremos da final do Certame coa programación de distintas obras finalistas e artistas e compañías convidadas. A obra ganadora recibirá o premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 e realizará unha xira por varias plataformas, festivais e residencias artísticas latinoamericanas.

CARTEL OU 2020 online.jpg

 

PROGRAMA en Facebook Live

PROGRAMA 3 DECEMBRO

 

21h Esp - 2pm CR / APERTURA FESTIVAL 

RECORDANDO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019

PROXECCIÓN DE VIDEO RESUMO DA PASADA EDICIÓN

 

PRESENTACIÓN FINALISTAS 2020

THE LESSON / GUILLEM JIMÉNEZ - laSADCUM / ALMERÍA - BARCELONA

VAMOS / ÁNGEL GARCÉS / MADRID

NIKS / ALFONSO FERNÁNDEZ / BARCELONA

VERTEBRATA / ALEJANDRA BALBOA / PONTEVEDRA

THE BEAUTY OF IT / ÁNGEL DURÁN / BARCELONA

QUIRAL-1,5m / ROCÍO BARRIGA y LUNA SÁNCHEZ - CÍA LA BASAL /  CÁDIZ - SEVILLA 

 

ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA 

VIOLETA IRIBERRI / INTERPRETACIÓN: VIOLETA IRIBERRI e RAÚL LORENZO

COREOGRAFÍA GAÑADORA DE SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019

Coreografía: Violeta Iriberri 

Interpretación: Raúl Lorenzo e Violeta Iriberri

Ese pájaro no puede estar en esta plaza arrástranos ao mundo desbordado de dúas personaxes, baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflicto que os remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo os axita e revolotea. Dúas personaxes exageradas y cheas de aspaventos, baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto.

 

Transmitido en Facebook

 

PROGRAMA 4 DECEMBRO

20h Esp - 1pm CR / FORO GAÑADORES EDICIÓNS ANTERIORES 

Convidados: Marina Fullana e Laura Lliteras - UnaiUna, Alba Fernández Cotelo, Nacho Cárcaba, Violeta Iriberri e Raúl Lorenzo, Natividad Buil - Coordinación Red Acieloabierto e Festival Trayectos, España- e Victoria P. Miranda -Bailarina e Coreógrafa, España-.

 

Transmitido en Facebook

 

21h Esp - 2 pm CR / GALA SóLODOS EN DANZA 

ACOSTUMBRADAS / PEACE OF MIND / ARAGÓN

Coreografía e interpretación: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas

Temos unha identidade pero... ¿nace ou faise?

Escollemos aquelo que nos atrae e tratamos de adquirirlo como costume.

Deste xeito nos identificaremos con todo aquelo que responda ante esas formas determinadas. ¿Que pasa cando nos invaden novas influencias? Podemos soltar as nosas raíces para afondar nos novos descubrimentos, ou darnos conta de que non nos sentimos identificadas e volver con maior firmeza ao punto de partida. De calquer modo a nosa identidade quedará amplificada.

  

EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR / ANDALUCÍA

Coreografía e intérpretación: Lara Misó e Wilma Puentes 

Con “ Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así , a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restricción e implicando o lado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humáns que chegaron ao mundo dentro da mesma pel.

 

YOUNG BLOOD / ARNAU PÉREZ  / CATALUÑA / RED ACIELOABIERTO

Coreógrafo: Arnau Pérez.

Intérpretes: Maddi Ruiz de Loizaga, Adrián Manzano e Arnau Pérez.

“Young Blood, we see you”. Somos esta xración de novos con enerxía, creatividade e implicación para desenvolver novos camiños pero que se ve truncada polo talante desta sociedade. Temos moito que dicir e reivindicar en cada lugar. Estades véndonos. Estamos preparados, pero… ¿estádelo vós?.

 

Transmitido en Facebook

 

 

 

 

PROGRAMA 5 DECEMBRO

20h Esp - 1 pm CR / FORO XIRA COSTA RICA

ARTISTAS QUE REALIZARON XIRA 2019 (Carla Segovia, Guillermo Aguilar, Nacho Cárcaba, Arnau Pérez de la Fuente, Thomas Guirau) + ESTRUTURAS EN COSTA RICA QUE ACOLLEN ARTISTAS DE SóLODOS (Noidy Salazar y Óscar Chanis -Departamento de Vida Estudiantil e Servizos Académicos DEVESA, Costa Rica

- e Carlos Ovares -Director Corpóreos de Quepos, Costa Rica) 

 

Transmitido en Facebook

 

21h Esp - 2 pm CR / CERTAME SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 

GUILLEM JIMÉNEZ - laSADCUM / THE LESSON / ALMERÍA - BARCELONA

“A través de mecanismos de apropiación e collage, THE LESSON funciona como un 'found footage' coreográfico que pensa o noso comportamento na era postinternet.“

Coreografía: Guillem Jiménez

Interpretación: Laia Camps e Guillem Jiménez

Produción: TKM Room / Maricxs Marci's

 

ÁNGEL GARCÉS / VAMOS / MADRID

VAMOS” é unha peza nacida desde un referente moi claro, pero un ano despois o referente casi que son eu mesmo. Empezou como unha tontería co meu amigo Chey Jurado, simplemente ensináballe como imitaba as manías de Nadal. Así que, todo parte de aí, das manías, tan tolas, de Rafa Nadal antes de cada saque. É un proceso de descubrimento e un reto persoal onde rompín con barreiras mentais que me impedían o desenvolvemento dunha creación artística.

Coreografía e interpretación: Ángel Garcés

Música Orixinal: Javier Martínez

Vestiario: Sara Sánchez

Ollo Externo: Arnau Pérez, Chey Jurado e Sara Sánchez

 

ROCÍO BARRIGA e LUNA SÁNCHEZ - CÍA LA BASAL / QUIRAL-1,5m / CÁDIZ - SEVILLA

Quiral -1,5m- é unha proposta coreográfica que busca distintas personalidades dentro dun mesmo ser. Como sería convivir con elas, como sería descubrir que o que parecía idéntico e afín a ti, pode chegar a converterse no teu maior adversario. Deste xeito dous corpos constrúen unha sólida unidade, comparten espazo e tempo e únense a través das mans, a “zona vermella”, algo ao que o ollo se desacostumou nesta nova normalidade.

Coreografía e interpretación: Rocío Barriga e Luna Sánchez

ALEJANDRA BALBOA / VERTEBRATA / PONTEVEDRA

Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade.

É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.

Coreografía e interpretación: Alejandra Balboa

 

ÁNGEL DURÁN / THE BEAUTY OF IT / BARCELONA

The Beauty of It é un solo de danza contemporánea que nos fala da fraxilidade da persoa e que nos ofrece unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou as personaxes que un mesmo crea.

É real todo o que experimentamos? ¿Cal é a diferencia entre actuar e comportarse tal e como somos? Esta dicotomía nunha persoa fai que ás veces non poidamos chegar a diferenciar que é a realidade e que é o soño. 

Coreografía e interpretación: Ángel Durán

         

ALFONSO FERNÁNDEZ / NIKS / BARCELONA

Ao afirmar que o corpo é o sitio principal de opresión na sociedade occidental, os colaboradores deste volume pionero exploran o complexo tema da encarnación e como se relaciona coa inclusión social e a marxinación. Nunha cultura onde os corpos de persoas que son morenas, negras, mulleres, transxénero, discapacitadas, gordas ou queer a miúdo son avergonzadas, sexualizadas, ignoradas e oprimidas. ¿Que significa vivir nun corpo marxinado?

Coreografía: Alfonso Fernández

Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández.

23h Esp - 4 pm CR / ENTREGA PREMIOS SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 

 

Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2020

La coreografía gañadora realizará unha Xira por Costa Rica no 2021.

ÁNGEL DURÁN / THE BEAUTY OF IT / BARCELONA

Premio Certame Coreográfico de Madrid

O Certame Coreográfico de Madrid programará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, froito de la colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque, Madrid.

ÁNGEL GARCÉS / VAMOS / MADRID

Premio Certame Internacional de Coreografía Burgos - New York

O Certame Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, para pasar directamente á semifinal do seu Certame na súa 20 celebración que se realizará no verán de 2021.  Este premio é froito da colaboración entre os dous certames.

ALFONSO FERNÁNDEZ / NIKS / BARCELONA

 

 

 

 

SÓLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020

DIRECCIÓN

Maruxa Salas

Erick Jiménez

PRODUCIÓN

Maruxa Salas

Víctor López Carbajales

Manu Lago

 

REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN

Noemí Sánchez Cárdenas

ORGANIZA

Sólodos e Concellaría de Cultura del Concello de Ourense

PATROCINAN

Concello de Ourense e INAEM

 

COLABORAN

Concellaría de Cultura, Auditorio Municipal de Ourense, Concellaría de Educación,  Oficina de Turismo -  Concello de Ourense, Trayectos Zaragoza, Red Acieloabierto, Certamen Coreográfico Burgos - NY, Pasoa2, Galicia Danza Contemporánea e Pablo Salas Fotografía.

tira logos ou 20 ok.jpg

© 2022 Design and development by Manu Lago. Neodans S.C-Sólodos. All rights reserved 

bottom of page