19 de Agosto de 2021 · 20.00h
Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Nogueira de Ramuín · Ourense
20 de Agosto de 2021 · 20.00h
Claustro de Santa María de Melón
Melón · Ourense
21 de Agosto de 2021 · 20.00h
Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
Xunqueira de Espadanedo · Ourense
SINGLE / ARNAU PÉREZ / Cataluña
Coreografía e interpretación: Arnau Pérez. Dramaturxia: Sara Reyes.
Na música, o single é un formato de vinilo utilizado para distribución comercial que contiña a canción ou cancións de éxito dun LP. Enfatizouse esa singularidade e o termo estableceuse como un escaparate persoal, destacando a individualidade no mainstream. Nos acostumamos a asociar o éxito ou o logro coa individualidade establecéndonos nun desenvolvemento que xurde da búsqueda persoal e propia. Agora mesmo estamos rodeados de xente, pero ¿non estamos sós?
EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR / LARA MISÓ & WILMA PUENTES / Andalucía
Coreografía e intérpretes: Lara Misó e Wilma Puentes
Con “Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así, a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restricción e implicando o lado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humáns que chegaron a mundo dentro da mesma pel.
LO INVISIBLE / CÍA NO BAUTIZADOS / ROLANDO SALAMÉ & KATIA HUMENYUK / Madrid / A través de la Red Acieloabierto
Coreografía e intérpretes: Rolando Salamé e Katia Humenyuk
Lo Invisible é unha peza de danza que explora as sensacións vitais dalgúns momentos determinantes da vida dunha persoa. Esta peza é unha danza do consciente e o inconsciente, do visible e o invisible, das forzas que nos alonxan dos nosos soños, que nos someten, pero tamén dunha natureza indomable que se revela ante o que poida apartarnos do esencial do noso camiño, e onde os intérpretes xogan coas súas diferenzas físicas e de experiencias de vida para mostrar a dualidade deste ser, representando cada un dos bailaríns as súas contradicións, acertos, anhelos e medos.
MIÑAXOIA / CLARA FERRAO / Galicia
Creación e interpretación: Clara Ferrao
Dirección: Maximiliano Sandford
Un corpo, unha vibración, un croque, huna fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.
DANZA NO CLAUSTRO 2021
DIRECCIÓN E PRODUCIÓN
Erick Jiménez
Maruxa Salas
PRODUCIÓN
Víctor López Carbajales
Manu Lago
COMUNICACIÓN
Noemí Sánchez Cárdenas
VESTIARIO COMPAÑÍAS
Adolfo Domínguez
FOTO E VÍDEO
Fotografía Salas
ORGANIZA
Sólodos
COA AXUDA DE
INAEM - Ministerio de Cultura
Deputación de Ourense
COLABORA
Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Concello de Melón, Acieloabierto, Parador de Santo Estevo, Fotografía Salas e Galicia Danza Contemporánea.