top of page

UNHA COPRODUCIÓN DE

GRUPO CIUDADDELADANZA / Cidanz -BCBu / JCDCYLES de Danza, de BURGOS/Castilla y León, SóLODOS en Danza, de OURENSE/Galicia, LARUMBE Danza, de COSLADA/Madrid y ES.ARTE, de VALLADOLID/Castilla y León

Este proxecto conta coa  Axuda á xira de coproducións de danza Interautonómicas (INAEM - AYUDAS A LA DANZA, LA LÍRICA Y LA MÚSICA CORRESPONDENTES A 2024 - Programas de apoio para xiras por España e polo estranxeiro).

 


SINOPSE

Inspirada nos catro elementos —aire, terra, lume e auga— RAÍCES, JÓVENES EN DANZA considera as distintas cualidades e emocións que cada elemento representa para expresalas a través do movemento e a danza. 

A coreografía reforza a converxencia dos catro elementos, simbolizando a unidade e a interconexión de todas as formas de vida e a natureza. Os bailaríns suxiren un ecosistema en equilibrio, onde aire, terra, lume e auga coexisten armoniosamente, reflexando a esencia como unha homenaxe á natureza e a súa diversidade.

RAÍCES, JÓVENES EN DANZA emerxe como unha resposta vital á desconexión crecente entre as comunidades, a natureza, e á arte. Cremos firmemente no poder da DANZA para mover ás persoas non só físicamente, senon tamén cara un compromiso máis profundo co mundo natural, guiando á sociedade cara un futuro máis sostible e equitativo.

RAÍCES, JÓVENES EN DANZA se posiciona na intersección da arte e o activismo CULTURAL e SOCIAL, propoñendo unha experiencia transformadora que non só deleita estéticamente, senon que tamén educa e motiva á acción impulsada por bailaríns novos e novas.


FICHA ARTÍSTICA

COREÓGRAFOS:
JUAN DE TORRES, da Compañía Larumbe Danza. Coslada, Madrid. Académico das AAEE de España
MARUXA SALAS e ERICK JIMÉNEZ , da Compañía SóLODOS. Ourense, Galicia
e ALBERTO ESTÉBANEZ, Compañía Grupo Ciudaddeladanza /  Cidanz -BCBu / JCDCYLES, antigo Ballet Contemporáneo de Burgos. Burgos, Castilla y León, Académico das AAEE de España

 

ELENCO

de Bailarines elexidos mediante audicións en Burgos, Coslada e Ourense

 

DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN

MARIA J. GOMEZ, ES.ARTE. Valladolid, Castilla y León - Académica das AAEE de España

 

XIRA

Día 17 de setembro de 2024: Función no Colexio Divino Maestro de Ourense ás 10h 

Día 17 de setembro de 2024: Función na Universidade Laboral de Ourense ás 12h 

Día 17 de setembro de 2024: Función na Universidade Laboral de Ourense ás 13.30h 

Día 18 de setembro de 2024: Función no Colexio Padre Feijoo ás 10.00

Día 18 de setembro de 2024: Función no Colexio Padre Feijoo ás 11.30h

Día 18 de setembro de 2024: Función no Colexio Cardenal Cisneros ás 13.30 h

bottom of page