![RRSS CLAUSTRO ESPADANEDO 2020.jpg](https://static.wixstatic.com/media/61c1ce_131175aeb2cf443a9a0bf31ea79fde2f~mv2.jpg/v1/fill/w_246,h_278,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/RRSS%20CLAUSTRO%20ESPADANEDO%202020.jpg)
21 de Agosto de 2020 · 20.30h
Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo · Ourense
No 2020 e debido ás circunstancias derivadas da COVID-19 soamente se celebra a extensión prevista en Xunqueira de Espadanedo.
Nesta ocasión a compañía convidada é Tejido Conectivo de Madrid (Andrea Amor e Miguel Ángel Punzano) coa súa peza Plena.
Creación e interpretación: Andrea Amor e Miguel Ángel Punzano
Duración: 20 min.
Que se faga eco a danza de todos os corpos.
Que nos baleire a danza do silenzo.
Que a danza incendie todo dogma.
Que nos vistamos coa danza do espido,
que abrase todo artificio.
Que nos atravese unha danza na fronteira.
Que nos abrace a danza prohibida, a danza do marxinal.
Que volva a danza do polvo e do suor.
Que retumbe a danza dos ósos.
Que nos sorprenda unha danza para as moscas
para as bolboreta, para o pequeno, para o non visto.
Que sexa eterna a danza de todos os días.
Que a danza derrumbe as paredes da cultura propia.
Que nos abrande a danza do inxenuo.
Que nos levante a danza do co-habitar,
que pulverice todo o inhabitable.
Que se celebre a danza de ninguén.
Que nos nutra a danza das avoas.
Que nos encontre a danza do balbucido, da mala letra.
Que apareza a danza fronte ao muro de néboa.
Que nos ampare a danza do sutil.
Que a danza sacuda toda pretensión de elocuencia.
Que nos libere unha danza sen xustificación.
Que resone unha danza que aniquile a nosa vergoña.
DANZA NO CLAUSTRO 2020
DIRECCIÓN ARTÍSTICA
Erick Jiménez
Maruxa Salas
PRODUCCIÓN
Víctor López Carbajales
Manu Lago
FOTO Y VÍDEO
Manu Lago
Fotografía Salas
ORGANIZA
Sólodos
CON LA AYUDA DE
INAEM - Ministerio de Cultura
COLABORA
Concello de Xunqueira de Espadanedo, Tejido Conectivo, Fotografía Salas y Galicia Danza Contemporánea.
![tira logos claustro 2020.jpg](https://static.wixstatic.com/media/61c1ce_1af2c1c5dc524141b0407bb04f015d84~mv2.jpg/v1/fill/w_139,h_11,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/tira%20logos%20claustro%202020.jpg)